A loita do ben e o mal, enfermidades, cat?strofes naturais, o producto da terra e do mar, a morte..., todo ti?a unha forma de adoraci?n, agradecemento ou tributo ?s deuses que o gobernaban todo. De a? as moitas danzas, bailes e outros tipos de manifestaci?ns que se espallan de Norte a Sur, de Leste a Oeste en Galicia. Ademais, cunha gran variedade, dentro da similitude, propia de cada lugar xeogr?fico-social. O rexurdimento do interese polas orixes da nosa cultura fixo que se recuperasen moitas delas.
Unha das primeiras e ?nica ? a que ten lugar en Sarria; A Noite Meiga.
No ano 1970, baixo a tutela de Carmela Gonz?lez, nac?a na vila sarriana a asociaci?n cultural Meigas e Trasgos C.I.T.. A s?a pretensi?n era recuperar e dar a co?ecer as manifestaci?ns culturais propias da nosa terra. Pioneira, creou secci?ns de baile rexional, coral polif?nica de temas exclusivamente galegos, pintura, concursos sobre medio ambiente, entre outras. Pero quizais, o m?is importante ser?a que, en tempos tan machistas, as mulleres afloraban ?s ?mbitos socias collidas das mans cos homes e a nova organizaci?n cultural circunscrib?ase a t?dolos estamentos socias e culturais da vila. Por aquel ent?n, sociedades como La Uni?n ou O Casino, que funcionaban na localidade, eran elitistas e pechadas, nas que as mulleres pouco ou nada ti?an que dicir e s? determinados sectores da sociedade pod?an acceder a elas. Por eso a idea da fundadora quer?a acabar con tan inxusta condici?n. Muller librepensadora, culta, procedente da clase social alta e con ideas moi liberais, estaba convencida, e comprometida, de que a sociedade era cousa de dous: homes e mulleres.
Tralo arranque, que resultou espectacular, e despois dun ano de existencia, esa muller emprendedora quixo crear unha festa na que se entregasen os premios e distinci?ns das diferentes actividades da asociaci?n. A s?a esperta imaxinaci?n levouna a escenificar, recollendo de aqu? e de al? retazos de tan ancestral danza e reunific?ndoos en algo ?nico, A Noite Meiga.
M?is de trinta anos despois pasa por ser a manifestaci?n m?is multitudinaria na vila que fundou Alfonso IX, hai agora m?is de oitocentos anos. Xentes dos lugares m?is remotos, televisi?ns e medios de informaci?n, danse cita na Noite Meiga sarriana. E os lugares m?is rec?nditos do mundo viviron a s?a escenificaci?n, ?nica e exclusiva da entidade fundadora que ten os dereitos en propiedade da s?a representaci?n e denominaci?n. Ademais, a s?a creadora, Carmela Gonz?lez, compuxo a letra e m?sica do ?Conxuro dos desconxuros? que se recita na mesma.
?ltimo s?bado de Agosto. Sarria esperta e algo parece flotar no aire da vila que fai o d?a especial. Desde primeiras horas da ma?? o bulicio n?tase en t?dalas r?as do pobo.
Exposici?ns, concursos, mostras, gaiteiros e grupos de baile, son obxecto das miradas curiosas de milleiros de cidad?ns. O d?a transcorre e o sol cami?a paseni?o cara o horizonte que o agochar?. As presas e nervios parecen apoderarse das xentes da vila. As m?is despistadas saen comprar aquela prenda que falta ou darse o ?ltimo retoque. A escura negrume da noite vaino envolvendo todo. Prende o alumado artificial e as r?as aparecen desertas. Pero nos fogares hai unha actividade fren?tica. C?mese apresa, v?stese ?s carreiras, peit?anse os nenos con fugaz rastrillar. Hai que chegar a tempo para coller un bo sitio dende onde ver ben o espect?culo.
No recinto festeiro, fogar e sede de Meigas e Trasgos, centos de comensais comparten mesa en noite tan especial.
Entre bastidores non hai calma. Prep?rase todo con estudiado esmero. Non hai lugar para a improvisaci?n. Os nervios son patentes nos danzantes. A solista desgrana notas soltas do conxuro. Son os ?ltimos preparativos.
Como por arte de maxia, as r?as recobran vida. ?nchense de xente e coches que marchan todos na mesma direcci?n. O pobo queda valeiro e corre a concentrarse no lugar dos esconxuros. ?Quizais revivindo e contestando a chamada do feiticeiro ou dru?da das aldeas dos nosos ancestros?
A multitude agarda con impaciencia xenerosa. Os organizadores danlle os derradeiros retoques ? escenario. O murmullo sube de tono cando alg?n deles aparece co caldeiro coa fogueira que colocan no centro do c?rculo feitizado. O lume desaf?a a escuridade da noite e a luminosidade do alumado artificial. Centos de muxicas despr?ndense da le?a seca que est? a arder e soben cara ? ceo coma se quixeran fundirse cos milleiros de estrelas que vix?an na noite.
Un voceiro da asociaci?n dir?xese ?s presentes e r?galles que non disparen flaxes e non acendan focos e luces para non desvirtuar a escenificaci?n. Logo desaparece.
Ap?ganse as luces e s? permanece a fogata do caldeiro.
Unha impresionante voz oper?stica de muller rompe o silencio da noite, sa?ndo dun lugar non determinado, cantando o ?Conxuro dos Desconxuros?. O seu son lastimeiro leva un estremecemento que recorre o corpo dos presentes. Todo queda embruxado e enfeitizado pola melodiosa voz. Mentres, un trasgo invisible golpea ritmicamente un pandeiro de coiro cun cascabel solto no seu interior.
Unha meiga descalza, vestida cun longo saio negro, cara e mans tisnadas de negro, cunha facha ardendo na man, xurde da escuridade e cami?a cara ? lume. Pousa a facha e comeza o rito. Os seus movementos son sinuosos e brazos e ollos dir?xense ? ceo. Danza ? redor do lume. Agachase e ?rguese. Tende a s?as mans sobre o lume e logo ofr?cellas ? ceo. Salta sobre o lume. A quietude e silencio da multitude resulta sepulcral e fantasmag?rica ? reflicto da luz do lume que oscila acariciada polo vento da noite. (Conxuro dos Desconxuros)
Xa ve?en as meigas
pra facer conxuros,
si ve?en as meigas
pra facer conxuros
ser? boa noite ...
Seis novas meigas con fachas ardentes nas mans rodean en c?rculo ? meiga mestra (oficiante) e ? lume e s?manse ? rito. Imitan os seus xestos e a danza vai ga?ando en intensidade; parece que a concorrencia est? extasiada.
damores e arrulos
pra facer feitizos
traen neve de Ancares
flor de toxos verdes
br?tame dos mares.
Os movementos e saltos das meigas v?lvense m?is fren?ticos e aloucados, dentro dun orde harmonioso e preestablecido polas vellas tradici?ns. O ritmo da danza, o canto sobe de ton e modula a voz ? comp?s que marcan as meigas danzantes.
Todo ben revolto
con lume de estrelas
fan xurdir ledicias
e olvidar as penas.
Seis trasgos descalzos e vestidos de branco (con roupa tradicional) irrompen na escea. Portan faroles que parecen gui?arlle un ollo ? noite. Saltan sobre o lume e dan brincos ante as meigas. A meiga oficiante vaise para un curruncho onde permanece sentada no chan e coa cabeza gacha.
?Fuxan, fuxan,
tronos, hurac?s,
pestes, malas bruxas ...
sapos e alacr?s!
O ritmo e son do pandeiro tr?case m?is r?pido e violento, ? tempo que os trasgos danzan entre as meigas que, pousadas as fachas ardentes no chan, permanecen deitadas.
A meiga mestra contin?a co conxuro e dende o curruncho vai cara o lume.
Xa ve?en os trasgos
polas carballeiras,
xa ve?en os trasgos
a terra m?is meiga
que se chama Sarria...
a m?is feiticeira.
Os trasgos pousan os faroles e ag?chanse para erguer, por un brazo, cada un deles, a unha meiga. Danzan en parella ? ritmo do pandeiro e envoltos pola voz que canta o conxuro. Corren, xiran ? redor do lume e ofrecen a s?a calor os deuses do ceo.
Do Caurel trouxeron
en noite de luar
goti?as dorballo
que fan namorar.
A meiga mestra recolle a s?a facha e ?nese ? corro danzante de meigas e trasgos. ? vez, que a cantante acelera o ritmo e eleva o son, todos, alternativamente, saltan a fogueira
Brincan a fogata
o son do pandeiro
xa temos queimada
toquen os gaiteiros.
A danza t?rnase baile de ledicia e felicidade, pois d?se por feito que o feitizo surtiu efecto. Meigas e trasgos deitan todos por parellas no chan en c?rculo ? redor do lume, mentres a meiga mestra toma folgos dobrada sobre a fogueira. O rito rematou.
? Fuxan, fuxan,
tronos, hurac?s,
pestes, malas bruxas,
sapos e alacr?s!
Entre sombras e reflictos do lume, igual que chegaron ret?ranse meigas e trasgos coas s?as fachas e faroles. S? o lume no caldeiro permanece. Cala a voz e ap?gase o son do pandeiro. Un r?tmico e sostido canto di ...Noite Meiga, Noite Meiga.
Un estoupido de alborozo e ledicia, regado por milleiros de aplausos, rompe o feitizo. Pr?ndense as luces e todos parecen querer sa?r disimuladamente do trance, falando co veci?o do lado das vontades da escenificaci?n.
Miles de anos antes, nun castro, nunha aldea, nunha fraga, nun cruce de cami?os..., homes e mulleres na complicidade da noite conxuran e esconxuran males e feitizos e ofrecen sacrificios ?s seus deuses. Como agora, todo remataba en festa rachada. Agora con orquestra e, ?daquela? ... Noite Meiga.
Fonte: Zaida L?pez