S?bado, 15 de agosto de 2015

Por: Óscar de Souto (http://www.quepasanacosta.com/?p=45516)

É como espirse porque algún descoñecido cho pide amablemente, aquel que carece de moralidade fai eso, é moito máis. A clave que auto-limita o ben e o mal, nesta nova babel, preñada de fariseos e xudas escariotes. A conciencia e os valores das últimas boas Protesta cerco galegopersoas, os bos e xenerosos, cidadáns e seres honorables, aqueles valores morreron no ano 1913 nas mans de Fernando Pessoa no seu poema Oda Universal, que hoxe, fíxose, de novo, feito indiscutible. O mal tomou o control do planeta.

Os barcos arrastreiros das grandes navieras arrasan co peixe das nosas costas mentres asistimos impasibles a destrucción total da nosa flota pesqueira. O agro galego protesta polas cuotas e as trabas impostas polos corruptos que dirixen este barco, sen escala no peirao da esperanza. E as derradeiras granxas galegas falecen, día a día, sen remedio nin intención de remedialo. Os viveiros privados fórranse vendendo cebo de pesca sen control mentras ispección marítima fai revisións exaustivas das miñocas que apaña cada pescador deportivo, eso si, todo según o protocolo establecido. Na area oposta, casualmente, un individuo aproveita e colle impunemente dez veces o permitido, para maior gloria dalgún empresario con dereito de pernada (posiblemente). Ninguén se espanta. Describir nun artigo as deficiencias dun sistema obsoleto e caduco é moi sinxelo, con poucas Manifestación pola defensa do campopalabras é dabondo: o rico gaña e o pobre cala. As novas dictaduras modernas sacan peito.

As feiras tradicionais das nosas comarcas están baixo a estricta vixiancia das autoridades para evitar que alguén defraude a facenda por vender duas ducias de ovos da casa sen factura e sen IVA pero a gran banca desvia grandes fortunas a Finlandia, sen que ocurra nada, porque o pequeno perde, como non, mentras o grande é máis grande cada día.

A presión sobre o cidadán de a pé aumenta exponencialmente debido a estas dramáticas eleccións estatais onde o trono da raiña está en xogo, un teatro no que as reglas cambian según o interese dos eternos gañanadores desta falsa democracia instalada eternamente no poder. Como unha pataleta de neno pequeno que pretende calar a razón mentres a viola e a tortura, eso si, en completo silencio.

Sssssssssssssss !!!!

Fuente: Artigo de Óscar de Souto (http://www.quepasanacosta.com/?p=45516) e imaxes Google.


Tags: Folga, loita, cerco galego, campo galego, industria, roubo, capital

Publicado por Fransaval @ 22:16
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios